MERCA EN CARRILANA

merca_en_carrilana

Na nosa vila, falar de “carrilanas” e como falar da historia viva da mesma; dende tempos inmemoriais os máis novos dedicaban o seu tempo libre a facer este tipo de xoguetes, cando xa estaban rematados o obxectivo non era outro que ser os máis rápidos.
Pasan os anos, pasan os tempo, e o que era un xoguete para correr polas rúas da nosa vila, transformouse nun deporte que atraia a atención xa non so dos pequenos, se non da xente da vila e tamén dos visitantes que se achegaban a Ribadavia para ver, e incluso para participar, nas carreiras de carrilanas.
O desexo de mellorar os tempos fixo evolucionar as carrilanas. As rodas orixinais de madeira daría lugar a unha roda de madeira e sistemas de lubricación de eixes e revestimento de goma de pneumático para maior adherencia e incorporación de metal no chasis-
O que inicialmente comezou como unha forma de diversión infantil evolucionou cara un dos deportes de entretemento para atraer máis participantes e publicado en Galicia.
Dende o Centro Comercial Aberto quixemos aportar o noso grao de arean para que por unha banda os nosos clientes puidesen sentir o que era tirarse en carrilana, e por outra banda para axudar a impulsar este deporte, para o cal o día 26 de maio participamos con unha carrilana do Centro Comercial Aberto na devandita carreira de carrilanas.

carrilana-3

Mercadillo en Ribadavia

O Longo dos días cinco e seis de maio, na Praza Maior de Ribadavia, e como unha das actividades dinamizadoras do Centro Comercial Aberto, tivo lugar a campaña “Mercadillo en Ribadavia”, participando un gran número de comercios da nosa asociación. Esta actividade fixémola coincidir coa tradicional “Feira do Viño do Ribeiro.