VOLTAR AO COLEXIO TEN PREMIO (Setembro 2012)

Acta villaverde21011345Durante o mes de setembro e con motivo da volta o colexio, momento no que todas as economías familiares teñen que facer un alto desembolso económico, tratamos de compensar dito desembolso económico das familias premiando a todos aqueles clientes que mercaron nos comercios asociados, facendo entrega de unha pulseira para os nenos que lles valeu para entrar ó parque de atraccións infantil que se montou no mes de setembro no que se realizaron durante todo o día actividades para os nenos nos que se incluíron diversos obradoiros, xogos populares e atraccións infantís.
Fixéronse tamén bolsas de papel reciclable que se regalaron co logotipo de CCA a aqueles clientes que mercaron os artigos nos comercios asociados, xunto con vales para material escolar en función do volume de compras que se fixeran.