I Concurso de Pinchos "Este Outono Pincha"

Por primeira vez a Asociación levou a cabo unha actividade única e exclusivamente para o sector da Hostelería, un Concurso de Pinchos, valorando a necesidade tanto dos hosteleiros por facer unha actividade en conxunto como a dos clientes por darlles algo diferente e novidoso, no mes de Decembro puido levarse a cabo esta actividade.

Este outono, as túas compras lévante ao cine !!!

Campaña cofinanciada por a Xunta de Galicia e que a diferencia do resto de actividades foi de larga duración xa que o que se pretende e concienciar ao público da Comarca do Ribeiro que no Ribeiro existen comercios e negocios de todo tipo.

Para esta actividade o que se fixo foi, elaborar un video Promocional que se proxectou durante 6 meses no Cine de Leiro, un lugar clave xa que é visitado semanalmente por veciños da comarca e da provincia .

Máis que comercio!!

Como ven facendo todos os anos, a Dirección Xeral de Comercio leva a cabo unha campaña promocional do comercio que se aplica a todos os CCA de Galicia, en este ano, o CCA de Ribeiro tocoulle no mes de Agosto.

Esta campaña consitiu en repartir aos clientes rifas con códigos, estos codigos tiñan que ser introducidos en unha páxina web onde estaba o CCA do Ribeiro, o cliente tiña que votar ó seu establecemento favorito e introducir o código. En ese momento sabería si tiña un premio directo ou non.

I Xuntanza de Socios de EAR

No mes de Xuño, a asociación celebrou a primeira xuntanza cos seus asociados. Unha cea rodeados de pequenos comerciantes comprometidos ca labor da Asociación de promover e dinamizar o comercio local.

Ademáis de falar de temas relacionados ca mellora da imaxe e das actividades, quixose aproveitar esta oportunidade para facer homenaxe a un dos comercios máis antigos que permanecen asociados. En este caso o recoñecemento foi para Carnicería Rivas por a súa longa trexectoria pasando de pais a fillos.