No Centro Comercial Aberto do Ribeiro QUERÉMOSTE!!

Por San Valentín, o CCA do Ribeiro quixo premiar as compras dos seus clientes sorteando diferentes premios para disfrutar en parella nun día tan especial como o día dos Namorados.

Para poder participar no sorteo, soamente foi necesario mercar nos comercios asociados e pedir a túa papeleta para depositala na urna ubicada na Praza de Abastos de Ribadavia.

Os premios que se sortearon foron:

* Unha cea para 2 persoas no GASTROBAR O BIRRAN

*Un ciruito e unha masaxe relaxante para 2 persoas nas Termas de PREXIGUEIRO

* UN COFRE VIP para 2 persoas, formado por unha noite de hotel a escoller entre unha lista con almorzo incluido.

O sorteo foi o sábado 14 de Febreiro as 14.00 horas na propia praza.