II Desfile de Moda do CCA do Ribeiro

Un ano máis a Asociación levou a cabo o Desfile de Moda, sendo este ano o 2º desfile que fai. Tras o éxito alcanzado o ano pasado, este ano, non quixo deixar pasar a ocasión de brindar ós seus socios a oportunidade de promocionar os seus negocios, así como os seus productos, e tamén dar os clientes e o público en xeral unha  noite diferente, chea de diversión, animación, colorido, donde non faltaron as risas, os pases de tendas da vila e como non sorteos e sorpresas.

Miña nai, a miña Raíña

Por o día da Nai o CCA do Ribeiro quixo premiar a todas as mamas que viñeran acompañadas dos seus fillos, o sábado 9 de Maio o CCA estivo presente na rua frente a Fonte da Prata con animación para que todas as persoas interesadas puideran sacar unha divertida foto en familia e levar así un bonito recordo.

Selfie por o día do Pai

Por o día do Pai, o CCA do Ribeiro quixo premiar os papás que mercan no comercio local, soamente tiñan que participar en un concurso de selfies que durou unha semana e estivo no facebook.

Os 2 selfies máis votados levaron como regalo 1 album de 10 fotos para sacar en familia e ter así un recordo para sempre.

foto