A Semana do teu comercio

Home » Actividades 2013 » A Semana do teu comercio

Por iniciativa da Xunta de Galicia, este ano tivemos unha campaña a maiores, denominada “A Semana do teu comercio”, con esta campaña o que se pretendeu foi homenaxear ó comercio asociado máis antigo da vila, para iso, xunto ca presencia da membros da Dirección Xeral de Comercio entregamos un diploma para premiar a Mercería Lucita por a súa traxectoria profesional ó longo de máis de un século de vida.

Ademáis para facer a todo o público partícipe de esta campaña que consideramos moi fermosa, recopilamos fotografías antigas dos comercios e as puxemos en unha pantalla que está ubicada no centro da vila, de este xeito durante a semana que nos correspondeu  estiveron en esa pantalla, amosándose imáxenes de comercios de antaño, algo que sempre emociona e trae moi bos recordos tanto ó público como os comerciantes que ven como con esforzo os negocios poden perdurar no tempo.

 

 

.