"Este Nadal.... choiva de premios no Ribeiro"

O CCA do Ribeiro como ven realizando todos os anos por estas datas, realizou unha campaña promocional no nadal. E considerada unha das mellores campañas xa que por tratarse de unha época do ano tan especial para a poboación, a asociación non quere deixar de perder a oportunidade de colaborar co ambiente que se respira nas rúas todos os anos.

"Curso de empaquetado"

Este ano  2013 no mes de Decembro realizamos un curso de empaquetado para os asociados do CCA do Ribeiro.

Como todos sabemos, a hora de ir a mercar un regalo é imprescindible que o regalo esté perfectamente envolto e se vexa bonito e atractivo a vista do consumidor, é por isto e por a demanda por parte dos asociados da necesidade de un curso básico de empaquetado.

A Semana do teu comercio

Por iniciativa da Xunta de Galicia, este ano tivemos unha campaña a maiores, denominada “A Semana do teu comercio”, con esta campaña o que se pretendeu foi homenaxear ó comercio asociado máis antigo da vila, para iso, xunto ca presencia da membros da Dirección Xeral de Comercio entregamos un diploma para premiar a Mercería Lucita por a súa traxectoria profesional ó longo de máis de un século de vida.

MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO

 

definitivo-isa-1-300x212

Como vimos levando a cabo dende o ano pasado, durante a Mostra de teatro de Ribadavia, o Centro Comercial Aberto do Ribeiro, fai un sorteo de entradas de toda-las obras teatrais para os clientes que fan as suas compras no mes de Xullo. De esta forma queremos premiar a fidelidade de estas persoas que día a día axudan os nosos comercios a seguir a diante e por outra banda, queremos apoiar a MIT e a sua gran labor que realizan.

FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO

cartel enteroEste ano con motivo da 50ª Edición da Feira do Viño, no CCA do Ribeiro non quixemos deixar pasar esta ocasión e organizamos unha campaña, dirixida a todos os clientes dos establecementos asociados para así premiar a sua fidelidade.

Dende a asociación sorteamos:

10 viaxes dobres no Tren dos viñedos, unha das actividades levadas a cabo na Feira e que ten un gran éxito debido a que recorre as zonas mais fermosas do Ribeiro mostrando os viñedos e camiñso que os recorren.

3 entradas dobres ós Obradoiros de Cociña. Unha actividade de moito interes para os amantes e curiosos da boa cociña e por suposto do bo viño do Ribeiro.

Finalmente e como premio principal, sorteamos 2 viaxes no Tren dos viñedos e unha mariscada para 2 persoas a degustar na recinto ferial acompañada de un excelente viño do Ribeiro.

Estas son algunas das persoas agraciadas no sorteo que celebramos:

foto 1 foto 2 foto 3

Esta actividade tivo unha gran aceptación por parte dos consumidores e tras preguntar ós gañadores podemos considerar que foi un acerto levar a cabo esta iniciativa.