O NADAL NO RIBEIRO E DE COR ROSA (Decembro 2012)

NADAL CON BOLSAS Os Establecementos Asociados do Ribeiro como ven realizando todos os anos por estas datas, onde a pesar da crise quixo por algo de cor a estas datas tan sinaladas por iso o lema en esta Campaña foi ” O NADAL VISTESE DE COR ROSA EN RIBADAVIA”, a Asociación non dubidou en impregnar de optimismo a actividade comercial, que este Nadal se vestiu de cor rosa en Ribadavia. A campaña foi moi completa levando a cabo diferentes actividades complementarias entre si e onde a alegría e optimismo non deixou de existir entre os comerciantes e os clientes.

Repartíronse se entre todos os asociados de EAR 10.000 bolsas de papel reciclado en colaboración con Sogama, ditas bolsas fixeron que nos días máis sinalados estivera Ribadavia con color, onde se podía ver por a rúa a toda a xente con unha mesma bolsa.

bolsas 2

 

Ademais de repartir bolsas tamén se celebrou o CONCURSO DE ESCAPARATES entre os negocios interesados, onde houbo moita participación por parte dos nosos asociados, un premio deuno a Camara de Comercio de Ourense onde o gañador foi ” Entretempos, axencia de viaxes” e nun segundo lugar gañou o noso concurso via Facebook ” Naco Moda”.

Escaparate: ENTRETEMPOS

arbol

 

Escaparate: NACO MODA

 

 

 

 

 

 

CIMG4642

 

 

Os escaparates finalistas foron:

TRIOS

CIMG4628

 

ZAPATERIA ESTILOS

CIMG4559

 

Para o día 24 e 25 de Decembro estivo por Ribadavia Papá Noel dando vida e alegría por a vila, repartiu caramelos e globos ós mais cativos, os que todos querian acercarse para pedirlle os seus desexos e recibir un premio.

foto   foto 7  foto 8

 

O Dia 3 de Xaneiro levamos a cabo na Ludoteca de Ribadavia o XOGO DOS RESIDUOS, onde todos aqueles nenos que os seus pais fixeran algunha compra nos negocios asociados, recibiron unha entrada para o Xogo, todos os participantes levaron premio pero solamente gañaron aqueles nenos que souperon responder todas as preguntas relacionadas co reciclaxe.

trivial

 

A campaña rematou ca entrega dos premios monetarios para gastar nos comercios asociados, como se ven levando a cabo dende fai anos, esta é unha das campañas preferidas por os consumidores xa que por a compra en EAR entraron a participar directamente no sorteo de ata 600€ euros con un total de 1500€ en premios.

Os premios foron os seguintes:

600€ para o 1º premio

400€ para o 2º premio

5 premios de 100€ cada un.

A entrega dos cheques fixose o día 5 de Xaneiro na Plaza Maior de Ribadavia coincidindo coa chegada dos Reis Magos.

FOTO ENTREGA PREMIOS

 

MERCAR NO VERÁN TEN PREMIO ( Xullo 2012)

campaña veránO longo do mes de Xullo, celebramos outra actividade dinamizadora para o comercio local dende o Centro Comercial Aberto , que que entendemos que era unha boa idea, aumentar as ventas dos nosos comercios asociados en época de afluencia de turistas, e fomentar así tamen a Mostra de Teatro Internacional celebrada en ese mes.

Por iso se celebrou esta campaña para premiar os clientes facendo un sorteo para poder asistir a MIT, dita actividade foi recollida con ilusión por os clientes que tan seguidores son do teatro celebrado en Ribadavia, en este mes a pesar das ventas non moi elevadas conseguiuse o obxetivo plantexado, fomentar e dinamizar o comercio.

 

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

VOLTAR AO COLEXIO TEN PREMIO (Setembro 2012)

Acta villaverde21011345Durante o mes de setembro e con motivo da volta o colexio, momento no que todas as economías familiares teñen que facer un alto desembolso económico, tratamos de compensar dito desembolso económico das familias premiando a todos aqueles clientes que mercaron nos comercios asociados, facendo entrega de unha pulseira para os nenos que lles valeu para entrar ó parque de atraccións infantil que se montou no mes de setembro no que se realizaron durante todo o día actividades para os nenos nos que se incluíron diversos obradoiros, xogos populares e atraccións infantís.
Fixéronse tamén bolsas de papel reciclable que se regalaron co logotipo de CCA a aqueles clientes que mercaron os artigos nos comercios asociados, xunto con vales para material escolar en función do volume de compras que se fixeran.

MERCA EN CARRILANA

merca_en_carrilana

Na nosa vila, falar de “carrilanas” e como falar da historia viva da mesma; dende tempos inmemoriais os máis novos dedicaban o seu tempo libre a facer este tipo de xoguetes, cando xa estaban rematados o obxectivo non era outro que ser os máis rápidos.
Pasan os anos, pasan os tempo, e o que era un xoguete para correr polas rúas da nosa vila, transformouse nun deporte que atraia a atención xa non so dos pequenos, se non da xente da vila e tamén dos visitantes que se achegaban a Ribadavia para ver, e incluso para participar, nas carreiras de carrilanas.
O desexo de mellorar os tempos fixo evolucionar as carrilanas. As rodas orixinais de madeira daría lugar a unha roda de madeira e sistemas de lubricación de eixes e revestimento de goma de pneumático para maior adherencia e incorporación de metal no chasis-
O que inicialmente comezou como unha forma de diversión infantil evolucionou cara un dos deportes de entretemento para atraer máis participantes e publicado en Galicia.
Dende o Centro Comercial Aberto quixemos aportar o noso grao de arean para que por unha banda os nosos clientes puidesen sentir o que era tirarse en carrilana, e por outra banda para axudar a impulsar este deporte, para o cal o día 26 de maio participamos con unha carrilana do Centro Comercial Aberto na devandita carreira de carrilanas.

carrilana-3

Mercadillo en Ribadavia

O Longo dos días cinco e seis de maio, na Praza Maior de Ribadavia, e como unha das actividades dinamizadoras do Centro Comercial Aberto, tivo lugar a campaña “Mercadillo en Ribadavia”, participando un gran número de comercios da nosa asociación. Esta actividade fixémola coincidir coa tradicional “Feira do Viño do Ribeiro.