Este ano con motivo da 50ª Edición da Feira do Viño, no CCA do Ribeiro non quixemos deixar pasar esta ocasión e organizamos unha campaña, dirixida a todos os clientes dos establecementos asociados para así premiar a sua fidelidade.
Dende a asociación sorteamos:
10 viaxes dobres no Tren dos viñedos, unha das actividades levadas a cabo na Feira e que ten un gran éxito debido a que recorre as zonas mais fermosas do Ribeiro mostrando os viñedos e camiñso que os recorren.
3 entradas dobres ós Obradoiros de Cociña. Unha actividade de moito interes para os amantes e curiosos da boa cociña e por suposto do bo viño do Ribeiro.
Finalmente e como premio principal, sorteamos 2 viaxes no Tren dos viñedos e unha mariscada para 2 persoas a degustar na recinto ferial acompañada de un excelente viño do Ribeiro.
Estas son algunas das persoas agraciadas no sorteo que celebramos:
Esta actividade tivo unha gran aceptación por parte dos consumidores e tras preguntar ós gañadores podemos considerar que foi un acerto levar a cabo esta iniciativa.