Mercadillo en Ribadavia

Home » Actividades 2012 » Mercadillo en Ribadavia

O Longo dos días cinco e seis de maio, na Praza Maior de Ribadavia, e como unha das actividades dinamizadoras do Centro Comercial Aberto, tivo lugar a campaña “Mercadillo en Ribadavia”, participando un gran número de comercios da nosa asociación. Esta actividade fixémola coincidir coa tradicional “Feira do Viño do Ribeiro.

Sendo coñecedores da importancia da mencionada festa, e dado que se esperaban na nos avila un gran número de visitantes, decidimos que era un bo momento para que os nosos comercios asociados expuxeranos seus produtos par atentar aumentar as ventas dos seus produtos, e consideramos que así foi.

Para facilitarlle os nosos asociados a súa participación, montáronse varias carpas, asemade tamén fixemos carteis promocionais que foron colgados pola vila co gallo de que os visitantes pasasen polo noso mercadillo.

Únironse nesta actividade dous obxectivos:

  • Por unha banda que os nosos asociados tivesen a oportunidade de darlle saída a moitos dos seus produtos
  • Por outra banda que os visitantes vesen a calidade dos produtos dos nosos asociados e puidesen mercar bos produtos a bo prezo

.