II Concurso de pinchos de primavera

Durante os fins de semana do 6-8 e do 13-15 de Abril, no CCA do Ribeiro levamos a cabo o 2º Concurso de pinchos de primavera. En esta edición contamos con 19 locais de hostelería, máis locais ca ningunha outra edición tanto de inverno como de primavera.

Os locais participantes foron:

RESTAURANTE ALTERNATIVA –  BAR CARACAS- BAR MEU- BARmacia- ALJAMA- BAR O MORTO – GASTROBAR  A COMANDA- A PORTA DA CERCA-  RESTAURANTE PLAZA – LA HUELLA DEL GATO – BAR REBUS – VINOTECA DE RIBADAVIA – RIBEIRO E XAMÓN- GASTROBAR O BIRRAN – BAR SEFIROT- KEBAB MITU – PARQUE NAUTICO DE CASTRELO DE MIÑO- A LAREIRA (ARNOIA)- A PARRA (FRANCELOS).

3º Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro

Como vimos facendo dende fai 2 anos atrás, durante as primeiras semanas de Decembro, levamos a cabo o Concurso de Pinchos de Outono do Ribeiro, este ano, celebrouse desde o venres 2 ata o domingo 11 de Decembro. Contamos ca participación de 15 locais de hostelería, e o resultado foi moi positivo.

cartel

3º Desfile de Moda do CCA do Ribeiro

Un ano máis o CCA do Ribeiro celebrou o que xa é un evento único e de gran éxito no Ribeiro, o 3º desfile de moda. Onde este ano, participaron 17 comercios e todo tipo, e onde contamos ca participación de Pepe Capelán como presentador e Galirockers como actuación estelar, ambos fixeron do evento algo especial e onde o público quedou encantado.

CARTEL DATA CAMBIADA

 

¡ AXÚDANOS A AXUDAR!

Este ano na campaña de Nadal quixemos axudar ós mais necesitados e por eso é que colaboramos con Cáritas do Ribeiro recaudando alimentos non perecedeiros, o día 19 de Decembro estivemos no Pabellón municipal de Ribadavia xunto co equipo de Balonmán, o recaudado nas entradas foi doado integramente para Caritas e ademáis recaudaron gran cantidade de alimentos, por a nosa parte EAR colaborou de xeito que se fixeron diferentes sorteos de productos cedidos por os Establecementos Asociados.

Os días 23 e 24 de Decembro