II Concurso de pinchos de primavera

Durante os fins de semana do 6-8 e do 13-15 de Abril, no CCA do Ribeiro levamos a cabo o 2º Concurso de pinchos de primavera. En esta edición contamos con 19 locais de hostelería, máis locais ca ningunha outra edición tanto de inverno como de primavera.

Os locais participantes foron:

RESTAURANTE ALTERNATIVA –  BAR CARACAS- BAR MEU- BARmacia- ALJAMA- BAR O MORTO – GASTROBAR  A COMANDA- A PORTA DA CERCA-  RESTAURANTE PLAZA – LA HUELLA DEL GATO – BAR REBUS – VINOTECA DE RIBADAVIA – RIBEIRO E XAMÓN- GASTROBAR O BIRRAN – BAR SEFIROT- KEBAB MITU – PARQUE NAUTICO DE CASTRELO DE MIÑO- A LAREIRA (ARNOIA)- A PARRA (FRANCELOS).

Celebra o DIA DO PAI con EAR

Por o Día do Pai, os Establecementos Asociados do Ribeiro, celebraron unha camapaña promocional para premiar os clientes. En esta ocasión, sorteábanse  3 sesións de fotos en familia para os 3 gañadores da campaña.

Esta consistiu en que desde o 1 e at

 

a  o sábado 17 de Marzo, os clientes de EAR deberían gardar os tickets de compra dos negocios asociados, e ese mesmo sábado, presentarse con eles xunto a carpa que a asociación tiña montada xunto o Banco Santander.

Por cada ticket de compra, tiñan dereito a un vale que iría para unha urna e logo iría a sorteo.

Os gañadores de esta campaña, poden disfrutar de unha magnífica sesión en familia nos diferentes establecementos asociados que son:

MONCHO FOTÓGRAFO

PATRICIA DEFRANCO

ESTUDIO DE FOTOGRAFÍA BRETEMAS

 

3º Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro

Como vimos facendo dende fai 2 anos atrás, durante as primeiras semanas de Decembro, levamos a cabo o Concurso de Pinchos de Outono do Ribeiro, este ano, celebrouse desde o venres 2 ata o domingo 11 de Decembro. Contamos ca participación de 15 locais de hostelería, e o resultado foi moi positivo.

cartel

3º Desfile de Moda do CCA do Ribeiro

Un ano máis o CCA do Ribeiro celebrou o que xa é un evento único e de gran éxito no Ribeiro, o 3º desfile de moda. Onde este ano, participaron 17 comercios e todo tipo, e onde contamos ca participación de Pepe Capelán como presentador e Galirockers como actuación estelar, ambos fixeron do evento algo especial e onde o público quedou encantado.

CARTEL DATA CAMBIADA

 

Benvida Primavera !!

Descontos de primavera durante a semana do 1 ó 10 de abril, onde se puido disfrutar de descontos en diferentes locais con motivo da chegada da primavera, ademáis nos locais de hostelería tamén se pudo disfrutar de pinchos de primavera durante estes dous fins de semana.

pincho primavera desconto primavera